EMILIO CARMONA
Biólogo Molecular



A pesares do que un podería concluir polos artigos dos xornais que falan de Stanley Miller coma o home que demostrou a orixen da vida, o certo é que non é así, como él mesmo recoñece e toda a comunidade científica, foi un paso que no seu momento fixo soñar moito ós científicos de que se podería conseguir descifrar a orixen da vida, pero estaba bastante lonxe diso, de feito, actualmente recoñeceuse que se viron moitos fracasos, as teorías multiplicáronse e tamén se complicaron, pero o mesmo director da revista “Nature” aventura que nos próximos 100 anos non imos ter realmente nada concreto de cómo foi a orixen da vida, de feito, o azar, que era ó que apelaban os científicos, anteriormente, para encher os ocos de coñecemento, todo o que non se entendía atribuíanllo o azar, hoxe está demostrado que é imposible sintetizar a vida con puro azar.

O primeiro problema có que nos atopamos o falar dos experimentos que se realizaron ata agora ó redor da orixen da vida é que estamos falando dun hipotético escenario que non sabemos realmente se foi así, é dicir, para sintetizar moléculas orgánicas necesitamos un ambente reductor, onde non exista osíxeno, pero que si existan uns gases moi concretos, non temos ningunha evidencia de que a atmósfera primitiva fose desta maneira, é máis, as evidencias que temos ata o momento apuntan, máis ben, na dirección contraria, e non soamente iso, senon que realizamos trampas no laboratorio cando se realizan este tipo de experimentos, selecciónase un tipo de luz determinada, cando sabemos que en realidade as lonxitudes de onda son todo o espectro, algunhas das cales destrúen os compostos que se forman, temos tamén unhas temperaturas que temos que regular e conseguir trampas de frío para extraer mostras porque doutra maneira se destruirían, temos tamén que seleccionar un tipo de reaccións de maneira moi concreta porque do contrario novamente o balance sería outra vez de destrucción máis que de creación

Un experimento sería quizás lexítimo se pusésemos unha serie de reactivos nunha perola e miráramos que pasa, pero o certo é que o científico está constantemente de algunha maneira interfirindo, guiando intelixentemente o experimento para conseguir as moléculas, e aínda así non se conseguíu sintetizar nin o ADN nin as proteínas, que son as moléculas que necesitamos para a vida.

Pódese intentar explicar a vida sen un creador, e non existe un martelo para intentar convencer á xente da existencia de Deus, porque a fe é algo voluntario, unha persoa pode negarse a crer aínda que teña toda a evidencia dispoñible diante, e de feito, sen ir máis lonxe, Richard C. Lewontin dixo que a ciencia actualmente está comprometida có materialismo e están dispostos a aceptar tódalas teorías máis rocambolescas que se poidan imaxinar, tódalas trampas que sexan necesarias, con tal de non permitir que asome un pé divino na porta, isto evidentemente é unha opción para a que fai falta moitísima fe. A evidencia coa que contamos actualmente apunta a que para que se produza a vida e que se produza información, que é o que caracteriza á vida, ten que haber un axente intelixente que a produza. A lei da termodinámica, fixa moi ben os límites do que se pode producir por azar e máis ben o que se pode destruir por azar, e decir, sen Deus o universo non ten a enerxía e a codificación ou intelixencia necesaria para transformar esa energía en algo útil, nunha información complexa e codificada, por tanto, como decía o premio novel Robert Jastrow, para un científico que se pasou toda a súa vida ignorando a teoloxía, o final é como despertar dun pesadelo, estuvo escalando durante anos unha montaña de coñecemento e se atopou na cima cun montón de teólogos que levaban alí séculos.

Cando eu fabrico algo, sexa no eido que sexa, xa sexa alguen que fabrique un aparato que pode servir para as telecomunicacións, xa sexa alguen que fabrique un novo composto químico, esa persoa ten uns dereitos sobre a súa creación, inclusive nos, os científicos, non creamos, senón que traballamos con materiais que nos veñen dados, entón se hai un creador que creou este mundo, que creou a vida, que nos creou a nos, máxime con materiais que non lle foron dados, senon que Él mesmo nos creou, él ten non soamente certos dereitos, ten tódoos dereitos sobre a súa creación e iso ten unhas implicacións moi grandes para nos porque ademáis se ese creador quiso comunicarse e se nos comunicou e de feito aa masma esencia da vida é comunicación, o ADN é comunicación, a interrelación entre os seres vivos é comunicación, a inteligencia, a personalidade, a conciencia no seu grao máis alto no ser humano, é comunicación, se o creador se comunica e nos creou para comunicarse con nos nos temos que replantexar nosa vida porque se estamos vivindo de espaldas a este creador, temos que dar un giro de 180 grados.





Se queres un novo testamento gratis mándanos un e-mail a: gratis@nacerdenovo.org