Kesia

"A música naceu conmigo nun quirófano, porque empecei desde moi pequena, desde antes de aprender a falar xa cantaba, xa tatexaba. Na casa, os meus pais son músicos, son compositores e cantan e entón coma que me abriu os ollos desde moi pequena. A primeira canción que compusen foi ós 5 aniños e para min era do máis normal, para a miña familia tamén porque era algo coma xantar, coma beber, coma respirar. Todas as miñas cancións, cada unha delas, teñan a letra que teñan, teñen unha base cristiá e teñen unha esencia espiritual, iso é algo moi importante e aínda que ó mellor na letra non o diga claramente, non o exprese claramente, a xente nótao, din: as túas cancións teñen algo espiritual. A miña relación con Deus é moi bóa. Creo nel totalmente. Él abríume estas portas, díxome por onde teño que ir, e sei perfectamente que cheguei onda estou agora grazas a Él. Dígoo nas miñas cancións e dígoo coa miña vida tamén. Non o podes negar, hai unha canción que di que non podes negar que existiu Xesucristo, non podes negalo porque o sintes dentro de ti, e a túa alma sinte algo polo Creador aínda que o intentes negar e iso é algo que comprobei. Comprobei que coas persoas coas que me movo día a día, non saben cómo explicalo. Algúns falan da enerxía, outros falan de non sei qué, pero todo eso é esa fame que teñen por Deus, e non saben cómo asocialo e pensan en Deus coma algo relixioso e non o queren asociar a iso pero Deus é Deus. Deus é... non sei... hai que buscalo e creo que é moi importante porque cando atopas a Deus, aínda que o mundo se che caiga enrriba, aí está Él, e máis que nada, é o meu mellor amigo, e pode selo tamén para os demáis, é... guay. "

Kesia naceu o 7 de Xullo de 1983 (¡San Fermín!) na cidade brasileira de Rio de Janeiro, aínda que ós 3 anos viu có seu irmán e os seus pais a vivir a España. Desde que era moi pequena, sempre lle atraeu a música e unha proba disto é que soía xogar a que era cantante subida nunha cadeira, tendo a todos os seus bonecos de audiencia. Cando Kesia tiña a idade de 5 anos, estaba cantando unha canción que ela mesma inventara, e o seu pai, ó escoitala, pediulle que a volvera a cantar. Sacóu os acordes, transcribiu a letra e desta maneira, a chamada "Yo Te Amo" convertiuse na súa primeira canción. Ela confesa que aínda a ten gardada e que algún día incluiráa de Bonus Track nalgún dos seus futuros discos. Á idade de 11 años volveu o país que a viu nacer, Brasil, por dous anos. Para ela foi unha época moi dura porque viuse alonxada dos seus amigos e do entorno no que sempre vivira. Ós 12 anos, un productor acudiu á séa casa porque oíra que lle gostaba cantar e lle pediu que o fixera para él. Ó escoitala, douse conta de que esa rapaza tiña algo especial, que valía para cantante e lle propuso gravar un disco xunto os seus pais que tamén poseen habilidades para o canto. O resultado foi oálbum "Semilla de Amor" que lle permitiu a Kesia adentrarse na industria discográfica e aprender cousiñas que lle serían de gran utilidade. Ademáis, dicho disco contiña xa 3 cancións compostas por ela que non incluíra en "Vida" por non ser do mesmo estilo musical. Ós 13 anos, regresa a España, país que ela sempre considerou como seu. Gravóu a súa primeira maqueta que incluía os temas "Por Mí" e "Quiero Levantar" entre outros.

No programa "La Jungla de Cadena 100", había unha sección na que todo aquel que creera poseer algunha facultad como cantante, recitador ou o que fora, podía sair en antena a cambio dun almorzo para o equipo. Cando somentes contaba con 15 años, Kesia acudiu á emisora acompañada pola súa nai e cargada cun típico almorzo brasileiro chamado "bolo de fubá". Naturalmente lle deron a oportunidade de cantar, e fíxoo. Demostróu a súa prodixiosa voz interpretando "Deus do Impossivel", "Por mí", e "Quiero Verte".
A resposta foi inmediata, os oíntes non deixaban de chamar e de enviar faxes á cadea radiofónica, impresionados por semellante voz... incluso tivo que repetir dous dos temas, a petición dos oíntes. Como consecuencia, José Antonio Abellán púxose mans á obra para que Kesia editara o seu primeiro álbum en solitario. Contactou coa discográfica, e chamou a Rosana Arbelo que aceptou producir o disco sen dubidalo. O resultado está á vista. O seu álbum "Vida" foi presentado o 6 de Novembro do 2000 e só 6 meses despois, xa era disco de ouro, superando ampliamente as 50.000 copias vendidas. No ano 2001 reeditouse con 3 temas acústicos que permiten apreciar a increíble voz de Kesia en directo. Consigueu vender 100.000 copias chegando a estar na lista dos discos máis vendidos de España, e sendo promocionado poas cadeas de televisión do país, así como polas emisoras de radio. Hoxe en día, Kesia xa está preparando o seu novo proyecto, que será grabado en Oakland, California, durante Febreiro e Marzo de 2003, traballando man a man con productores como Adolfo Rivero e Kenneth Nash. Está previsto que o proxecto salga á luz en Abril de 2003, cun sonido internacional, e o mesmo tempo, cun sonido particular que requeriu 18 meses de traballo, creando un excelente repertorio de cancións compostas por ela e un sonido innovador no mercado nacional.






Se queres un novo testamento gratis mándanos un e-mail a: gratis@nacerdenovo.org