![]() |
![]() |
Jugador del F.C Barcelona
Fai un par de anos eu coñecín o Señor, abrínlle o meu corazón para que o Señor
Xesús puidese habitar en min e facerme
unha nova persoa, cun novo carácter e cunha nova vida e fiquei
moi contento con isto, porque eu era un home pecador, pero agora son un home que intenta facer o que
di a Palabra de Deus
e por iso son moi feliz.
O Señor Xesucristo morreu por min e por os que estades a ler estas palabras, para darnos unha vida nova, para facernos voltar ós camiños de Deus, para unha reconciliación con Él, e foi un sacrificio moi grande, Él nos reconciliou con Deus, e para nos foi o acto máis importante da historia e é por iso que nos adoramos tanto a Xesús.
Sexas quen sexas, ti podes voltar o teu corazón a Deus, non importa as circunstancias, a vida, todo o que te poida pasar, pódeche pasar a ti, e pódeme pasar a min, pero independientemente dos nosos problemas sempre hai un camiño, e ese camiño é o Señor, e Él estanos esperando sempre cós brazos abertos para reconciliarnos con Él.
Hoxe é-lo día máis importante da túa vida se te decides polo Señor Xesuscristo, é unha decisión moi importante, voltar ós caminos do Señor, esa é a vontade de Deus, porque Él deu a súa vida por nós, e quere que nós nos voltemos a Él. Se estás preparado e recoñeces a Xesús como único e suficiente Salvador, acéptao e verás como será a decisión máis importante da túa vida.
| Se queres un novo testamento gratis mándanos un e-mail a: gratis@nacerdenovo.org |