"Se estou ledo é porque teño a Deus na miña vida"
 

Oliveira

Xogador do Real Betis
Deus é o máis importante porque me ofreceu a ledicia, o amor, a felicidade que eu buscaba no mundo da noite, e que non
atopaba. Pero atopeino en Xesús, e realmente cambiei, agora levo unha vida mellor porque o Señor bendeciume moito, ofreceume o seu amor, o seu Espírito Santo, e tamén me ofreceu unha familia moi especial.

Hai un texto que está no Eclesiastés Cap. 12: “Lémbrate do teu Creador nos dias da túa mocidade ”
Para os mozos que pensan que é moi cedo para ter un compromiso con Deus, para ter unha responsabilidade con Deus,
e que pensan en ter un compromiso con Deus cando sexan vellos ou con 20 ou 30 anos, que non o pensen así, porque o día de mañá non nos pertence a nós e si lle pertence a Deus, intentade ter un compromiso serio con Deus porque Deus pode cambiar a vosa vida como tamén cambiou a miña.

Hoxe se son feliz e se estou ledo é porque teño a Deus na miña vida, e é porque Deus me regalou unha familia marabillosa, e porque eu teño a ledicia do Espírito Santo de Deus. O mundo ten unha ledicia, esta ledicia ven pero tamén se vai, se é por un día ou se é por unha noite, ou dous ou tres días, vaise. A nos non e nos nos aledamos todos os días, cando adoramos a Deus, cando miramos o noso redor a nosa casa e vemos a presencia de Deus na nosa vida e isto si é unha ledicia especial que non cambia e que non se vai, sempre queda. Non é de esta ledicia pasaxeira que ven por un momento e logo desaparece, esta ledicia que nos sentimos é unha ledicia que ven de parte de Deus a través do Espírito Santo de Deus, que ven e que se queda e que non se vai.


Para nos que somos futbolistas, moitas veces nos quita un pouco de privacidade, da familia, por moitos viaxes, por moito traballo, é verdade tamén que nos escollémolo porque nos gusta facelo, pero hai cousas moito máis importantes, como por exemplo, buscar un tempo diario para estar con Deus, o máis importante que podo resaltar na miña vida ademáis da miña familia, e que o fútbol nunca me dará, é alegrarme na presencia do Señor, porque nos hoxe levamos unha boa vida, grazas a Deus, e podemos decir que Deus foi fiel, e a forma que temos de agradecerllo é estar diante del, con sinceridade, con amor, e non so acordarnos de Él nos momentos malos, senon tamén nos momentos bos, sabendo que Él nunca nos vai deixar, que sempre estará connosco, coa man extendida para axudarnos, e xa teñamos situacións boas ou malas, nos bendecimos sempre
a Deus porque a nosa ledicia está no corazón.

Hai decisións importantes na nosa vida, pero a decisión máis importante que debemos tomar é abrirlle o noso corazón a Xesús, ésta foi a decisión máis importante na miña vida. Acórdome que cando recibín ó Señor como o meu Salvador, estaba pasando por un momento moi difícil na miña vida, un momento triste, onde non atopaba saída, onde non atopaba a axuda de ninguén, da familia, dos amigos, e acordeime do que me dixo unha persoa da igrexa, que o Señor tíña algo grande para min, que o Señor non quería que vivira esta vida de esa maneira, e no meu cuarto falei con Deus, e lle dixen que se me falaba na igrexa, eu o aceptaría como o Salvador da miña vida, esa é a decisión máis importante que eu tomei.


Se queres un novo testamento gratis mándanos un e-mail a: gratis@nacerdenovo.org