![]() |
" Recomendo a todos que lean a Biblia" |
Nos somos futbolistas e disfrutamos de moitas cousas, danos moitísimas alegrías, pero tamén hai moitos momentos complicados, momentos difíciles, pero por enrriba de todo, a paz que teño dende que aceptei a Xesús na miña vida é tremenda, e tanto eu coma a miña familia, cando temos momentos complicados, sabemos que temos un amigo que vai estar ó noso carón, que é o Señor Xesús, Él é a solución para moitísimas cousas, situacións difíciles, onde estés triste, cando non te atopes ben, pois sempre vas atopar nel unha palabra de ánimo, e eu recoméndollo a todos, non so cando estés pasando un momento complicado senon en tódolos momentos, porque Él é a verdade e vaiche dar unha paz interior moi grande.
A verdade é que seguir a Xesús non é doado, e máis na profesión na que estamos nos, pois moitas veces a xente bromea de nos, nos din que somos diferentes, pero a verdade é que somos diferentes porque temos ó Señor Xesús no noso corazón, aínda que tamén sabemos que logo imos a ter o premio por seguir a Xesús.
Un dos meus versículos favoritos está en Filipenses 4:13 que di: “Para todo teño forzas en Cristo que me fortalece”.
| Se queres un novo testamento gratis mándanos un e-mail a: gratis@nacerdenovo.org |